O primeiro día que o Sevizo Galego de Saúde empezou a citar ao profesorado para vacinarse fronte á covid-19 nos colexios "apañamos como pudimos, sustituyendo como pudimos a los profesores que iban faltando a lo largo de la mañana". O segundo día, todo se complicou porque, ás persoas citadas para a vacinación xuntáronse aqueles que, tras recibir a inmunización, sufriron efectos secundarios. O resultado foi que moitos dos que tiñan febre ou dores musculares moi fortes tiveron que acudir a clase igualmente, pois "si faltábamos todos, era imposible atender a los alumnos".
Ocorreu a semana pasada en moitos centros educativos de Galicia. Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, falamos con varios destes docentes e trasladan que están "indignados", pois cren que o proceso de vacinación ao seu colectivo está a xestionarse de forma caótica e sen ter en conta as súas características laborais.
Como exemplo, os profesionais da docencia consultados por PontevedraViva falan do colexio Amor Ruibal de Barro, no que o segundo día de vacinación, se se houbesen ausentando os docentes que debían vacinarse ese día e os que tiñan efectos secundarios, acudirían ao centro tan só sete para atender a 14 aulas, número claramente insuficiente se se ten en conta que a situación epidemiolóxica actual impide xuntar varios grupos ou aulas. Neste centro, xa o primeiro día citron a 11 dos seus 24 docentes e, deles, 8 presentaron efectos secundarios.
O profesorado critica o proceso xa desde o principio, pois o día previo ao comezo das vacinacións empezouse a citar aos profesionais ás oito da tarde a través dunha mensaxe de texto e en moitos centros chegou a citarse a case a metade do persoal e a todos en horario de mañá, cando a súa actividade presencial docente se sempre de mañá e "habría sido más fácil citarnos a todos por la tarde o, al menos, repartidos"..
A situación complicouse nos centros situados no rural de Pontevedra e no resto de municipios de área sanitaria, pois os docentes tiveron que desprazarse desde os seus centros aos hospitais públicos de Montecelo, Provincial e O Salnés, de modo que se ausentaron durante varias horas da xornada lectiva.
De todos os xeitos, o peor estaba por chegar, pois o primeiro día foi "bastante agotador", pero "al menos, lo solventamos", pero o segundo chegaron os temidos efectos secundarios da vacina de AstraZeneca, que se pasaron en pouco tempo e para a maioría non foron moi graves, pero si "bastante inhabilitantes para dar clases". Falan de 38 graos de febre, dores musculares, tremores e sensación de frío que complicaban dar clase.
"Por solidaridad con los compañeros y con los niños, porque tampoco podemos avisar a la familia en el mismo momento de que no podemos ir ni suspender las clases, tuvimos que ir a trabajar", relata un destes docentes, para o que a experiencia foi "insufrible", tanto por como sentía persoalmente como porque os nenos non recibiron ese día a atención que se merecen.
Outra docente engade que ese día acudiron a clase "forzando a nosa propia saúde" e movidos por unha solidariedade entre compañeiros e cara ao alumnado porque este ano resulta imprescindible manter os grupos burbulla e que o alumnado non se mesture entre clases.
O profesorado quixo alertar desta situación e elevar as súas críticas pensando na segunda dose da vacina, pero tamén noutros colectivo, pois "se nos pasou a nós, pasaralle a outros".
VACINACIÓN AO ALUMNADO EN PRÁCTICAS
Por outra banda, o sindicato CIG- Ensino solicitou á Consellería de Educación que a vacina tamén chegue ao alumnado universitario en prácticas nos centros educativos. A Consellería argumentou que non incluía esta demanda tendo en cuenta a decisión contraria de Sanidade, dado que o alumnado da rama sanitaria que realizaba as prácticas nos hospitais tampouco fora vacinado.
Desde CIG, con todo, argumentan que a súa presenza nos centros educativos e o contacto co alumnado é "claramente semellante" ao que ten o profesorado, o que debería levar a un "trato idéntico na vacinación". Engaden, ademais, que teñen constancia de que alumnado da área sanitaria si foi vacinado no seu momento.