Profesoras e profesores do CEIP de Tenorio gravaron un videoclip musical para mandar unha mensaxe de ánimo aos seus alumnos e a todas as familias de Cerdedo-Cotobade nesta corentena derivada do estado de alarma decretado pola crise sanitaria do coronavirus.
Os mestres, que desde hai xa tres semanas non teñen os rapaces nas clases, elaboraron un traballo audiovisual versionando o tema Volar de Rozalén, xunto ao grupo catalán Estopa.
O obxectivo da idea é tentar que os rapaces pensen en positivo e sigan coas súas actividades formativas nestas semanas de confinamento e tamén para amosarlles o seu cariño.
Este vídeo, no que os docentes participaron de xeito masivo e desenfadado para aportar unha dose de alegría nesta difícil situación, pode contemplarse nas redes sociais.
Dende o Concello de Cerdedo-Cotobade amosan a súa satisfacción por todos os vídeos, traballos, publicacións e demais mensaxes que está a remitir e a elaborar a veciñanza e destacan a creatividade, enxeño, positivismo e solidariedade da cidadanía.