O presidente de Protección Civil de Meis morre durante unhas probas na Academia Galega de Seguridade Pública

O Salnés
19 de xaneiro 2016

Jorge Fariña, de 45 anos, que sufriu un desvanecemento cando estaba a realizar as prácticas no marco das probas para acreditar a cualificación de extinción de incendios e salvamento, recibiu atención médica de inmediato pero non se puido evitar a súa morte, presumiblemente e a falta dos resultados da autopsia, a causa dun infarto

Fariña atopábase a vinte metros de altura realizando unha serie de exercicios sobre un guindastre
Fariña atopábase a vinte metros de altura realizando unha serie de exercicios sobre un guindastre

O presidente de Protección Civil de Meis e bombeiro do Salnés, Jorge Fariña, faleceu este luns cando participaba nunhas probas na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), na Estrada.

Jorge Fariña, de 45 anos, que sufriu un desvanecemento cando estaba a realizar as prácticas no marco das probas para acreditar a cualificación de extinción de incendios e salvamento, recibiu atención médica de inmediato pero non se puido evitar a súa morte, presumiblemente e a falta dos resultados da autopsia, a causa dun infarto.

Ata o lugar se desprazaron tres psicólogos do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias) para prestar atención aos compañeiros do falecido. As probas de cualificación que se estaban a celebrar e que deberían proseguir esta semana quedan suspendidas en sinal de loito.

A Xunta de Galicia amosou o seu pesar por este falecemento.