O presidente da Xunta fala coa ministra de Transición Ecolóxica de ENCE e do saneamento da ría

Pontevedra
18 de febreiro 2021

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto  Nuñez Feijóo, mantivo este xoves unha reunión coa vicepresidenta cuarta, Teresa Ribeira, na sede ministerial para abordar as cuestións relacionadas coa transición ecolóxica e a industria galega relacionada con ela

Reunión entre a Xunta e o Ministerio de Transición Ecolóxica
Reunión entre a Xunta e o Ministerio de Transición Ecolóxica

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto  Nuñez Feijóo, mantivo este xoves unha reunión coa vicepresidenta cuarta do Goberno, Teresa Ribera, na sede ministerial para abordar as cuestións relacionadas coa transición ecolóxica e a industria galega relacionada con ela.

O saneamento da ría de Pontevedra e a fábrica de ENCE estiveron presentes nesta reunión de case catro horas, que foi valorada por Feijóo de maneira positiva.

"Hemos percibido que hay voluntad de arreglar y buscar soluciones a los problemas planteados. Es muy importante porque vamos a seguir trabajando en asuntos complejos, que el ministerio los conoce de primera mano", declarou o presidente da Xunta á saída do encontro.

Por outra banda, Alberto Núñez Feijóo fixo fincapé no impacto que supón a modificación da Lei de Costas, que afecta a numerosas empresas da cadea mar-industria e aos seus postos de traballo; así como a 5.000 edificacións de concellos costeiros.

Despois de valorar a disposición do Executivo central de celebrar unha reunión coa Administración autonómica para interpretar o artigo 15 do Proxecto de Lei de Cambio Climático, e así dar tranquilidade á industria conserveira, ás depuradoras e ás vivendas que están na costa, Feijóo aseverou que a Xunta seguirá traballando para que o Goberno central acepte a proposta de transferir a xestión deste domino público marítimo-terrestre para "prestar un mellor servizo", como ocorre noutras comunidades.

Neste mesmo sentido, referiuse á situación na que se atopa Ence. “Non podemos renunciar a unha instalación de transformación da madeira, tendo en conta que o 46% da madeira que se produce en España cada ano, prodúcese en Galicia”, dixo, lembrando que se trata dun asunto xudicializado. “Precisamos unha fórmula que dea seguridade xurídica ás instalacións costeiras”, recalcou.

En nota de prensa o Ministerio de Transición Ecolóxica informou que a ministra Ribera pediu a Feijóo "implicación" para avanzar no "depliegue de enerxías renovables, en saneamento e depuración e no impulso á transición xusta".

Así mesmo, Ribera pediu á Xunta que faga propostas para o desenvolvemento da enerxía eólica off-shore na Planificación da Rede de Transporte de Electricidade 2021-2026 e traballar xuntos no plan de desenvolvemento do hidróxeno renovable en Galicia.

Arquivado en