O Partido Popular de Pontevedra prosegue o seu roteiro polos barrios e parroquias que se beneficiarán dos acordos alcanzados tras a negociación da modificación de crédito e nos plenos municipais.
Desta forma e antes da sesión plenaria, os concelleiros Guille Juncal, Gerardo Pérez e Iago Acuña reuníronse coa directiva da Asociación de Veciños de San Roque para informarlles de que o asfaltado integral do vial de Ribeira dos Gafos será unha realidade, despois de conseguir, meses atrás, que se tapase un das grandes fochas da calzada.
No encontro incidiron en que declarar o barrio da Moureira Área de Rehabilitación Integral (ARI) é un "obxectivo prioritario" para o PP xa que así os residentes poderán recibir axudas económicas que "animarán á poboación para quedar no barrio e dinamizar o mercado de vivenda en desuso".
Ademais, Acuña incluíu a "falta de limpeza" e os "recorrentes fallos do sistema de iluminación público" entre os servizos básicos que o Concello debe "mellorar substancialmente" neste barrio.