Menos de 24 horas antes de que se celebre o XVI congreso provincial do PP, o cónclave cambia de lugar. Será finalmente no Auditorio da Semana Verde de Silleda. Renuncian á sede prevista, o Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra para non coincidir coa manifestación de afectados polas preferentes que se convocou na capital, precisamente ás portas do congreso.
Segundo explicou a secretaria do comité organizador, Begoña Estévez, trátase dunha decisión de última hora que se toma "para garantizar la seguridad y la comodidad" das máis de 1.000 persoas que se darán cita no congreso. Entende que a coincidencia de ambos eventos "podría reunir a muchas personas en un espacio sin apenas aparcamientos y calles muy estrechas", o que sinalou que podería provocar "problemas de seguridad".
"Consideramos que es la mejor opción para los manifestantes y para los asistentes al congreso", reiterou Begoña Estévez. Sinalou que o cambio do congreso a Silleda permitirá "aliviar el posible caos que se produciría en la ciudad con la coincidencia de dos actos multitudinarios en el mismo lugar y a la misma hora" e reiterou que non é "por miedo", se non que é unha decisión "muy meditada" por razóns "únicamente" de seguridade.
"Consideramos que es la mejor opción para los manifestantes y para los asistentes al congreso", aseguran desde o PP
Neste sentido, o presidente provincial do PP, Rafael Louzán, que opta neste congreso ao seu quinto mandato á fronte do partido en Pontevedra, sinalou que con esta medida preténdese falicitar que os que decidiron manifestarse "podan darlle visibilidade a un problema que é sangrante e o poidan facer coa máxima liberdade".
Louzán destacou a "honestidade e responsabilidade" que demostra o PP "sempre que goberna", recordando que "cando outros gobernaban" non se permitía ningunha manifestación nin acto "que puidese enturbiar actos do partido de goberno". O máis fácil, dixo, sería que a Subdelegación de Goberno prohibise esta manifestación "e seguir adiante co congreso tal e como estaba previsto".
Rafael Louzán insistiu en que entende a "lexítima defensa" dos afectados polas preferentes, "os que se viron estafados por unha entidade bancaria que non obrou como debía". Pero reiterou que entre eles hai "axitadores profesionais" que están facendo moito dano ao colectivo. En todo caso recoñeceu que "é posible" que os afectados acudan a Silleda, ante o que afirmou que "se se manifestan con respecto, non hai problema".
"Nós nos temos ningunha responsabilidade na venda destes produtos tóxicos e o único que faremos é loitar para que se lles devolva ata o último euro", asegurou Louzán. Aí encaixan, dixo, o proceso de arbitraxe e os máis de 15.000 laudos ditados nos últimos meses. E agora o Goberno aprobará liquidez para afrontar os pagos aos afectados. "Con quita ou sen ela, o PP garante que van recuperar os cartos".
Detalles do XVI congreso do PP
Con respecto ao congreso provincial do PP, o único candidato á presidencia, Rafael Louzán, entregou este venres os 582 avais conseguidos para apoiar a súa candidatura. Son, tal e como sinalou, o propio interesado, o 72 por cento dos 805 compromisarios que terán dereito a voto no congreso e superan en 421 aos esixidos para poder optar á reelección.
Rafael Louzán anunciou que presentará unha executiva moi renovada, "con novidades importantes"
O Congreso dará comezo ás 10.30 horas. Está prevista a asistencia de 805 compromisarios (155 natos, 620 electos e 30 de Novas Xeracións) e de máis de 200 invitados. Entre as personalidades que xa confirmaron a súa asistencia figura o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, así como a ministra de Fomento, Ana Pastor, os presidentes provinciais do partido na Coruña, Lugo e Ourense e o presidente de honra, Gerardo Fernández Albor.
En canto ao ánimo co que inicia esta nova etapa, Rafael Louzán asegurou sentirse "con forzas e con moitas ganas" para iniciar un período no que é especialmente necesaria "a política que a min me gusta, a do contacto coa xente, a de escoitar". Asegurou que este "é o momento de dar a cara", o da "política con maiúsculas", e anunciou que presentará unha executiva moi renovada, "con novidades importantes".