O PP suxire habilitar un servizo especial de autobuses para a Feira Franca

Pontevedra
02 de setembro 2015

Os populares entenden que dada a gran afluencia de xente que veñen doutros municipios faise necesario buscar alternativas que permitan facilitar a súa chegada. Así, propoñen a creación de cinco liñas que permitan unir Pontevedra con Sanxenxo e O Grove, con Vilagarcía, coa comarca do Morrazo, con Caldas de Reis e coa zona de Redondela -Vigo

Estación de autobuses de Pontevedra
Estación de autobuses de Pontevedra / Daniel Santomé

Un servizo especial de autobuses para "dar solución aos problemas de aparcamento" que se rexistran na cidade de Pontevedra durante a celebración da Feira Franca. É a proposta que fixo este mércores o voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira.

Os populares entenden que dada a gran afluencia de xente que veñen doutros municipios faise necesario buscar alternativas que permitan facilitar a súa chegada. Así, propoñen a creación de cinco liñas que permitan unir Pontevedra con Sanxenxo e O Grove, con Vilagarcía, coa comarca do Morrazo, con Caldas de Reis e coa zona de Redondela -Vigo.

"Pontevedra podería tomar exemplo doutros grandes festexos que se celebran na nosa comunidade autónoma, por exemplo, no Arde Lucus establécese un servizo de autobuses ata Vigo, ou na Arribada de Baiona se implantan de maneira exclusiva liñas de bus que conectan con toda a comarca, incluso ofrecen a posibilidade de empregar o transporte marítimo a través de navieiros", sinalou Jacobo Moreira.

O voceiro popular tamén apunta que na Festa da Istoria de Ribadavia ofertan un servizo de autobús similar aos citados ou que incluso no Carnaval de Verán de Redondela apostan por un servizo especial de transporte durante toda a xornada festiva.

"Consideramos que esta medida aportaría máis peso a unha festa de arraigo como xa é a Feira Franca de Pontevedra", concluíu Moreira.

Arquivado en