O grupo municipal do Partido Popular vén de rexistrar unha nova moción para solicitar ao Concello de Pontevedra que incremente a partida orzamentaria destinada ao convenio que financia o labor social de Cáritas Interparroquial.
A concelleira popular, Silvia Junco explicou que "desde el PP consideramos que no es suficiente la asignación del Concello y pedimos que se aporten cifras similares al resto de ciudades gallegas. El Gobierno municipal y Cáritas deben remar juntos en la misma dirección, colaborando estrechamente en la protección de las personas más vulnerables", argumentou.
A concelleira popular lidera esta proposta que "se hace más necesaria que nunca" coa apertura, hai apenas un ano, do novo albergue San Javier, situado na rúa Joaquín Costa. O único aloxamento residencial da cidade destinado ás persoas sen fogar que atopan na entidade "un recurso social para ayudarles a salir de una situación de riesgo o exclusión".
O albergue San Javier dispón de 27 prazas de aloxamento e unha zona destinada a mulleres que, antes do traslado ao centro urbano, era inexistente na cidade.
Esta novidade posibilita que sete mulleres pernoiten cada día nas novas instalacións, onde se presta unha atención integral e personalizada aos usuarios. Desde mediados do 2023 ata a actualidade houbo 9.570 pernoitas, o que implica unha media de 26 prazas cubertas.
"Los datos evidencian que hay mucha gente que lo está pasando realmente mal y, desde el Ayuntamiento, como la administración más próxima al ciudadano, se debe tener la responsabilidad y humanidad para contribuir económicamente hacia la mejora del bienestar de esas personas", esgrimiu a edil como argumento para reforzar o convenio con Cáritas.
Durante os últimos meses, o PP pediu que se reforcen os servizos sociais para poñer coto aos problemas de convivencia cidadá na Ferrería, as galerías Oliva ou a praza de Galicia, onde se viviron episodios que supoñen "la cara más severa de los procesos de exclusión social".
O labor "encomiable" de Cáritas non se reduce exclusivamente a un servizo de acollida, valoración e asesoramento, aloxamento e manutención, hixiene, lavandería e roupeiro; senón que tamén, dentro das súas actuacións, conta con servizos complementarios orientados á inserción laboral.
Por todo iso, "y ante la ausencia de más albergues destinados a este fin social", o PP espera lograr o apoio dos outros dous grupos da corporación municipal para que a Xunta de Goberno local ordene o incremento da partida orzamentaria que se destina ao convenio con Cáritas Interparroquial de Pontevedra.