O PP rexeita que o Concello de Pontevedra compre Santa Clara para "regalársela" á Deputación

Pontevedra
14 de decembro 2021

O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, opúxose á operación de cesión da propiedade do convento, porque asegura que "el futuro de Santa Clara se decidirá en Vigo"

Rafa Domínguez, portavoz do grupo municipal do PP
Rafa Domínguez, portavoz do grupo municipal do PP /

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, expresou este martes o seu rexeitamento á cesión da propiedade de Santa Clara por parte do Concello á Deputación. 

Rafa Domínguez puntualizou que a postura do PP é favorable á operación de compra por parte do Concello, entendendo que o prezo foi "adecuado" e que esta adquisición "enriquecía el patrimonio de todos los que somos de Pontevedra" mesmo expresaron o seu apoio para que se incorpore ao Museo pero están en contra de "regalárselo a la Deputación provincial". 

É unha operación que cualificou como "una pérdida injustificable del patrimonio de todos los pontevedreses" algo que lle parece unha "tomadura de pelo", argumentou o popular. 

"Aquí la que hace un negocio redondo es la presidenta de la Deputación, porque Pontevedra gasta tres millones en adquirir el convento y ella se lo queda gratis", dixo Rafa Domínguez.

"Con esta operación los pontevedreses no podremos decidir sobre el futuro de Santa Clara. Con esta operación el futuro del convento se decidirá en Vigo", afirmou Domínguez.

O PP aclarou que non se opón á firma dun "convenio de colaboración" entre ambas as administracións local e provincial senón "al traspaso del Concello a la Deputación de todo el edificio y los jardines". Entenden que Santa Clara forme parte do Museo,  "sobretodo si el señor Mosquera abandona esa idea de hacer agujeros en el casco histórico".

REACCIÓNS

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores indicou que, se finalmente os estudos determinan que o convento de Santa Clara é válido como sede museística e se consuma a cesión á Deputación, a administración provincial terá que "gastar unha cantidade de cartos importante na cidade rehabilitando todo ese convento" que logo "se vai a poñer ao dispor de todos os pontevedreses", unha cantidade que o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, estimou que podería chegar aos 20 millóns de euros.

Carmela Silva asegurou que "non me podo crer" que o PP faga estas consideracións porque "nun coeficiente intelectual normal é imposible crer que alguén diga algo así"

Fernández Lores cre que o Partido Popular é "incapaz de alegrarse das cousas boas que lle pasan a Pontevedra".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou que "non me podo crer" que o PP faga estas consideracións porque "nun coeficiente intelectual normal é imposible crer que alguén diga algo así".

Carmela Silva non entende que alguén non estea contento cunha posible ampliación do Museo. "O Museo de Pontevedra é da cidadanía", lembrou, á vez que se mostrou "segura" de que a Xunta se implicará nesta operación colaborando.

Finalmente, César Mosquera xustificou que esta é "unha práctica moi habitual" na que "o Concello fai o esforzo ata onde pode para facer cidade a través de actuacións doutras administracións".