O PP rexeita o orzamento de 2019 por non facer do emprego a súa prioridade

Pontevedra
04 de decembro 2018

O Partido Popular presentará unha emenda á totalidade ao orzamento municipal de 2019, presentado polo BNG, ao entender que non poden aceptar unhas contas que non teñan o emprego como prioridade da xestión do Concello

Rafa Domínguez, no pleno municipal
Rafa Domínguez, no pleno municipal / Mónica Patxot

O Partido Popular presentará unha emenda á totalidade ao orzamento municipal de 2019, presentado polo BNG, ao entender que non poden aceptar unhas contas que non teñan o emprego como prioridade da xestión do Concello.

Para os populares, o documento presentado polo goberno local "non se axusta á realidade e non cumpre coas necesidades que demandan os veciños de Pontevedra".

Segundo o PP, o orzamento de 2019 recolle unha diminución nos investimentos, demostra a "descoordinación" do goberno ao incluír partidas "repetidas" de anos anteriores, non inclúe a implantación total de abastecemento de auga no municipio ou "fai desaparecer" o proxecto do sistema de compostaxe.

"Para o BNG de Lores non é prioritario o emprego, nin o rural, nin o transporte público, tampouco contar cun novo PXOM ou rebaixar impostos", lamentan os populares.

O PP esixirá ao goberno municipal que refaga o documento e "teñan en conta" as prioridades dos veciños de Pontevedra.