O venres 12 de abril ás oito da tarde o Casal de Ferreirós acollerá unha mesa redonda para tratar o tema da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), máis coñecida como Lei Wert. Neste debate quérese analizar as consecuencias que a aplicación da lei ten nos centros educativos.
A Federación de asociacións de Nais e Pais de Pontevedra (FANPA) quixo organizar este acto no que participarán representantes deste colectivo no CEIP de Poio, unha profesora, representantes políticos do PSOE e do BNG.
Non obstante, non acudirá ninguén do Partido Popular nin tampouco o Xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, César Pérez. Segundo denuncia o organizador do evento, Jorge Pérez, vicepresidente de FANPA Pontevedra para Poio e Barro, os representantes do partido no goberno foron invitados e rexeitaron acudir a esta cita.