Os concelleiros do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, Pablo Fernández e Martín Martínez, mantiveron un encontro con veciños de Campañó para abordar a proposta de trazado presentada polo Concello para a variante de Alba.
Segundo traslada o PP, na reunión, os veciños participantes volveron a confirmar o seu rexeitamento a este proxecto tal e como expón agora o Concello polo que o portavoz popular, Rafa Domínguez reiterou que "nuestro visto bueno a cualquier trazado ha de contar con el ok de los vecinos. Sin él, que no cuenten con el PP de Pontevedra".
"Como han dicho siempre, los vecinos se oponen al trazado. Lo que no entendemos es la insistencia de Lores en fastidiar a los vecinos de Campañó, que es por donde pasaría este vial. No sé qué tiene en contra el Concello contra esta parroquia", declarou Domínguez.
"Es fundamental, antes de presentar cualquiera idea, que al menos los vecinos expresen sus ideas. Lo que no compartimos es que el Concello presente un proyecto sin recoger las impresiones de los vecinos previamente. Además, si la parroquia por la que pasará este vial es Campañó, no se entiende que se reúnan con todos los vecinos de otras parroquias y no con éstos", argumentou o popular.
CONSELLO PARROQUIAL DE LÉREZ
O concelleiro de Obras e Transporte, Demetrio Gómez, e a concelleira da parroquia de Lérez, Pilar Comesaña, reuníronse na tarde do pasado venres co Consello Parroquial desta parroquia para explicarlles de primeira man a proposta do Concello para a Variante de Alba e recoller a postura da veciñanza ao respecto.
Segundo a información trasladada polo Concello de Pontevedra, tras unha explicación exhaustiva de todos os aspectos relevantes do proxecto por parte dos concelleiros, "os membros do Consello Parroquial non só manifestaron o seu acordo a prol da proposta municipal, senón que trasladaron a súa solicitude de que se acometa a actuación canto antes".
PROPOSTA DO CONCELLO
A proposta do Concello baséase na creación dunha vía con características urbanas, con dous carrís de circulación (un en cada sentido), con elementos de calmado do tráfico, senda peonil e ciclista, pasos sobreelevados e iluminación. Así, os cruzamentos resólvense con 4 rotondas para calmar o tráfico e manter os circuítos peonís. Leva 8 elementos de calmado de tráfico (lombos), con limitación da velocidade a 30km/h, e 6 lombos nas vías perimetrais.
O proxecto tamén propón a instalación de alumeado e recolle a construción dun viaduto para salvar o trazado do ferrocarril, da autoestrada e a vía de servizo da autoestrada na parte máis boscosa da parroquia de Lérez.
Esta proposta implica eliminar as características de autoestrada (que era a proposta da Xunta) e "convertela nunha rúa con tráfico calmado, con cabida para a mobilidade peonil e ben alumeada".