O PP retirará do centro urbano os composteiros comunitarios e os contedores se goberna en Pontevedra

Pontevedra
19 de febreiro 2019

O sistema que propugna o PP consiste en obrigar a comercios e veciños a sacar o lixo á rúa desde as 20.30 ata as 23.00 horas. A recollida de residuos orgánicos sería diaria e estableceríanse días concretos para o papel e cartón, envases e vidro

Silvia Junco e Rafa Domínguez
Silvia Junco e Rafa Domínguez / PontevedraViva

O Partido Popular retirará do centro urbano os composteiros comunitarios e os contedores, se consegue gobernar no Concello de Pontevedra. Así o prometeu o candidato popular á Alcaldía, Rafa Domínguez.

O alcaldable do PP asegurou que o plan de compost do BNG "ha sido un absoluto fracaso" xa que "no funciona" porque "no es económicamente sostenible" e, segundo afirmou, "no está planificado adecuadamente".

"Creemos en otro modelo de recogida de basuras, en el que el compostaje en el ámbito rural puede tener cabida, pero que a nivel de núcleo urbano y de forma comunitaria, no", manifestou o candidato popular.

O PP presenta o seu propio modelo inspirado no sistema que se aplica no Concello de Oviedo. Xunto a Rafa Domínguez compareceu en rolda de prensa para explicalo Silvia Junco, membro da executiva local dos populares e  exconcejala neste municipio asturiano.

"Retiraré todos los composteros comunitarios que hay en Pontevedra" e tamén se eliminarán todos os contedores que hai nas rúas do centro urbano (azuis, amarelos e verdes) apuntou Rafa Domínguez como o primeiro paso para implantar a recollida selectiva porta a porta na Boa Vila.

O sistema que propugna o PP consiste en obrigar a comercios e veciños a sacar o lixo á rúa desde as 20.30 ata as 23.00 horas. A recollida de residuos orgánicos sería diaria e estableceríanse días concretos para o papel e cartón, envases e vidro. 

O sistema tería incentivos na taxa para aquelas comunidades de veciños que máis reciclen e, no caso de Oviedo, impóñense sancións a quen deixe unha bolsa de lixo na rúa fóra do horario de recollida establecido. 

Para Rafa Domínguez esta é "la más ecolóxica de todas las fórmulas" a pesar de que o lixo orgánico será trasladado a Sogama para a súa incineración.

Este modelo aplicaríase de maneira prioritaria nas rúas comerciais do centro.

Arquivado en