O PP reitera o seu compromiso coa mellora do barrio de Monte Porreiro

Pontevedra
13 de xuño 2024

Rafa Domínguez, xunto á concelleira Silvia Crespo, informou á asociación de veciños O Mirador das "esixencias" que o PP incluíu na negociación da modificación de crédito

Rafa Domínguez e Silvia Crespo en Monte Porreiro
Rafa Domínguez e Silvia Crespo en Monte Porreiro /

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez reiterou diante dos representantes da asociación de veciños O Mirador o seu compromiso coa mellora do barrio de Monte Porreiro que é "prioritario" para o PP "por su potencial mayúsculo y el desprecio continuo de los últimos gobiernos del BNG con la complicidad del PSOE". 

Rafa Domínguez, xunto á concelleira Silvia Crespo, informou á asociación de veciños O Miradir das "esixencias" que o PP incluíu na negociación da modificación de crédito: a renovación integral do parque e da área recreativa da Praza Europa e a ampliación das bancadas do campo municipal de fútbol e rugby.

Este compromiso garante que o PP facilitará a aprobación da modificación de crédito, mediante a abstención dos seus 11 concelleiros. 

O portavoz municipal do PP lembrou que este acordo co goberno local do BNG produciuse despois de que os populares esixisen tamén a humanización do barrio da Seca, o asfaltado completo do vial de Ribeira dos Gafos, o acondicionamento do parque infantil dos xulgados da Parda e un incremento da partida orzamentaria destinada ao plan de rozas das parroquias do rural.

Rafa Domínguez tamén explicou que unha das "prioridades esenciais", que comparte o PP coa asociación O Mirador, é o "estado lamentable" no que se atopan as beirarrúas de vías principais como a rúa Alemaña ou a maleza que invade a contorna da calzada e esténdese tamén pola rúa Holanda ou a rúa Portugal, onde nas últimas horas caeuse unha árbore na calzada.

En PP solicitou reiteradamente ao Concello que se comprometa coas tarefas de roza e de mellora das deficiencias técnicas da zona norte da cidade.

Por último, os populares reclamaron que se volva a incorporar un bambán específico para bebés na zona de xogos da Praza de Europa sen que se retire ningún dos elementos de xogo que existe actualmente.