O PP reclama axudas municipais para que os comerciantes iluminen unha Pontevedra "triste y apagada"

Pontevedra
02 de decembro 2022

A edil Pepa Pardo insta o goberno municipal a subvencionar os gastos que terá que asumir o sector "los días en que las luces de Navidad debían de estar funcionando y no lo hicieron", entre o 6 e o 16 de decembro

Visita de Pepa Pardo e Rafa Domínguez a comercios da cidade
Visita de Pepa Pardo e Rafa Domínguez a comercios da cidade / Mónica Patxot

Ante o "apagón injustificado" na iluminación do Nadal, o PP reclama que o Concello articule unha serie de axudas para que comerciantes e hostaleiros poidan animar unha cidade "triste y apagada" iluminando os seus propios establecementos.

Así, o Partido Popular insta o goberno municipal a subvencionar os gastos que terá que asumir o sector "los días en que las luces de Navidad debían de estar funcionando y no lo hicieron", entre o 6 e o 16 de decembro.

Para a edil Pepa Pardo, que este venres percorreu os comercios de Pontevedra acompañada de Rafa Domínguez, as luces de nadal son un "motor económico y social" para as cidades, ao favorecer a afluencia de turistas e animar o consumo nos comercios.

As tendas de Pontevedra  "no pueden competir con ciudades vecinas" e ven como os seus clientes, segundo Pardo, "se van a otros sitios" para facer as súas compras.

Os populares aseguran que o suposto aforro enerxético no que o Concello xustifica o seu atraso no aceso é unha "excusa" cando na cidade "hay una Diputación totalmente iluminada en frente de un Concello a oscuras", gobernando os mesmos partidos en ambas.

"Nos están tomando el pelo", sostivo Pepa Pardo, que advertiu que o contrato para a instalación das luces "está todavia sin firmar", polo que dubida que estean colocadas antes do día 6, como recollían os pregos do expediente.

As axudas que reclama o PP, que se abonarían previo gasto dos comerciantes e con facturas xustificativas,  "son para ayudarles a competir" e que poidan iluminar os seus comercios, polo menos, os dez días nos que as rúas de Pontevedra seguirán sen decoración.