As explicacións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, sobre a zona de baixas emisións (ZBE), asegurando que só se multará "en caso de abuso", son "insuficientes" para o Partido Popular.
O portavoz do grupo municipal do PP, Rafa Domínguez volveu a esixir, esta fin de semana, ao rexedor da capital, aclaracións sobre a instalación de máis cámaras de tráfico "para que los ciudadanos sepan de cuánto van a ser las multas" e "¿qué entiende Lores por caso de abuso?" na estrada.
Para Rafa Domínguez "lo único que está claro es que hay un régimen sancionador, público y objetivo, que marca los criterios objetivos a cumplir. Por lo tanto, no puede ser que dependa de Lores a quién se multa y a quién no, según las situaciones de abuso que él o su equipo determinen", sostivo.
O líder da oposición pediu que o goberno local sexa "honesto y preciso" cando lle preguntan pola ZBE porque, a día de hoxe, "una persona que vaya a trabajar y tenga que atravesar Pontevedra, no sabe si será considerado un caso de abuso".
Domínguez concluíu dicindo que é importante coñecer os plans de tráfico do Concello de Pontevedra para que os cidadáns saiban onde están os límites para non expoñerse a unha multa ao conducir pola cidade.