O Partido Popular de Poio reafirmou a súa intención de que as asociacións veciñais sociais, culturais de deportivas do concello "estarán representadas" no reparto dos fondos do pacto ambiental asinado entre a Xunta de Galicia e a empresa Ence.
Na reunión celebrada este luns na Comunidade de Montes de San Xoán, o PP garantiu que tomará as medidas necesarias para que os proxectos das asociacións do concello teñan acceso a este financiamento.
Os populares insistiron en que a decisión de aproveitar ou non parte dos 3 millóns de euros anuais non a pode tomar o Concello "unilateralmente e sen consultar os veciños".
O PP convocará unha reunión extraordinaria do Consello Municipal de Deportes para que os colectivos se pronuncien e solicitará ao goberno local que convoque unha reunión co resto de asociacións.
O voceiro popular, Ángel Moldes, esixe que o bipartito conteste "se recibiu ou non a carta" que os convocaba á comisión de seguimento do pacto entre a pasteira e a Consellería de Medio Ambiente.