O PP quéixase de que o goberno local non atende ás súas peticións de información

Pontevedra
03 de novembro 2014

Lamentan que o "silencio" do goberno local "non contribúe de ningún xeito a xerar confianza nos cidadáns" e afirman que "os camiños escolares son outro exemplo do escurantismo" que, segundo a oposición "vén practicando" o goberno local de Pontevedra ao "incumprir o tempo legal de 5 días naturais para ofrecer os datos solicitados".

Os concelleiros Jacobo Moreira e César Abal
Os concelleiros Jacobo Moreira e César Abal / Mónica Patxot

O pasado 1 de outubro, o Partido Popular solicitou por escrito ao Concello de Pontevedra que lle facilitara información sobre o programa Camiños Escolares e a súa repercusión nas arcas municipais. Días máis tarde, o día 27 do pasado mes, presentou un segundo escrito insistindo no mesmo tema.

Agora os populares quéixanse ante a falta de resposta oficial. Afirman que "os camiños escolares son outro exemplo do escurantismo" que, segundo a oposición "vén practicando" o goberno local de Pontevedra ao "incumprir o tempo legal de 5 días naturais para ofrecer os datos solicitados".

Lamentan que o "silencio" do goberno local "non contribúe de ningún xeito a xerar confianza nos cidadáns".

O programa Camiños Escolares impulsouse no 2010, segundo o PP, como un servizo voluntario que permitía dar maior seguridade viaria aos nenos durante os percorridos ata os colexios.

Arquivado en