O PP presume de xestión ecónomica ante os empresarios de Pontevedra

Pontevedra
17 de outubro 2012

Elena Muñoz, conselleira de Facenda, explicou que o Partido Popular ampliará as bonificacións fiscais as emprendedores. Destacou ademais as políticas de axuste e austeridade aprobadas polo goberno galego nesta lexislatura

Elena Muñoz e Alfonso Rueda, entre outros, mantiveron un encontro con empresarios da cidade
Elena Muñoz e Alfonso Rueda, entre outros, mantiveron un encontro con empresarios da cidade / PontevedraViva

O apoio aos emprendedores seguirá sendo prioritario para a Xunta de Galicia se o Partido Popular gaña as eleccións do próximo domingo. Asegurouno a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, número 4 da candidatura do PP por Pontevedra, durante a xuntanza que mantivo, na Casa das Campás, con empresarios da cidade de Pontevedra.

No encontro, no que estivo acompañada por outros membros do partido como Alfonso Rueda, Telmo Martín e Jacobo Moreira, Elena Muñoz explicou que o Partido Popular ampliará as bonificacións fiscais que xa se aplicaban nesta lexislatura, ao que sumarán axudas á contratación inicial de traballadores ou a aprobación dunha lei de emprendedores "que regule su marco de funcionamiento y actuación".

Muñoz aproveitou tamén o encontro cos empresarios para destacar as políticas de axustes e austeridade aplicadas polo goberno galego nos últimos tres anos e medio. "Tenemos una administración más pequeña, más barata y más eficiente", dixo a conselleira de Facenda. "Y esa eficiencia nos ha permitido mantener y ampliar servicios públicos que tiene que prestar la Xunta de Galicia".

Con respecto ao déficit público, Elena Muñoz asegurou que a decisión do goberno de Núñez Feijóo de "no gastar más de lo que ingresamos", ha permitido, dijo, "hacer una planificación más rigurosa y colocar a Galicia entre las primeras comunidades autónomas con menos déficit, un lugar en el que todas les gustaría estar en este momento".

Arquivado en