O PP pregunta que concelleiro é o responsable dos contratos requisados en Pontevedra na 'Operación Patos'

Pontevedra
22 de febreiro 2014

O voceiro do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, exige que después de aquel registro judicial el alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, "resuelva públicamente ese grave malentendido"

Concelleiros do grupo municipal do PP
Concelleiros do grupo municipal do PP / PontevedraViva

O voceiro do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, preguntou ao goberno local que concelleiro é o responsable dos contratos requisados na ⿿Operación Patos⿿, xa que segundo dixo dende o goberno local proclamaron a "indubidable honradez de todos eles" e a completa disposición do Concello a colaborar coa Xustiza, pero "tamén se apresuraron a lavar as mans e, por se acaso, mirar cara a outro lado".

Moreira esixe que despois daquel rexistro xudicial o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, "resolva publicamente ese grave malentendido".

Ademáis o concelleiro do PP insiste na demanda de explicacións convincentes, "sobre os contactos entre Fernández Lores e directivos dunha empresa no marco dun coñecido procedemento xudicial ou o devandito rexistro do pasado martes".

Arquivado en