O PP pide un pleno extraordinario para que Lores "explique" o contrato da auga

Pontevedra
27 de febreiro 2018

Un pleno extraordinario no que a oposición esixa "explicaciones" sobre o procedemento aberto polo goberno municipal para a contratación do servizo de abastecemento de auga e saneamento de Pontevedra. É a petición que vén de rexistrar o Partido Popular

Jacobo Moreira, no pleno con Lores no fondo
Jacobo Moreira, no pleno con Lores no fondo / Mónica Patxot

Un pleno extraordinario no que a oposición esixa "explicaciones" sobre o procedemento aberto polo goberno municipal para a contratación do servizo de abastecemento de auga e saneamento de Pontevedra. É a petición que vén de rexistrar o Partido Popular.

O seu voceiro, Jacobo Moreira, recordou que esta licitación está sendo "cuestionada por todo el mundo", a excepción do BNG, ante as "dudas" y as "suspicacias" que está a xerar un proceso de licitación "tan relevante".

Os populares tomaron esta decisión tras comprobar que o goberno do BNG "no ha ofrecido ninguna explicación" ante os distintos aspectos cuestionados sobre o informe de valoración de ofertas, a pesar de que a oposición considera que o proceso está "viciado" desde que se contratou a unha empresa privada para redactar o informe.

"El rigor de este informe está en tela de juicio", segundo o edil do PP, ante a existencia de erros materiais e a ausencia de motivación nas súas valoracións, cuestións que para os populares son "seriamente preocupantes" ante a importancia deste contrato.

Moreira, que recoñeceu que ningún partido pediu a paralización da licitación durante a mesa de contratación, entende que no pleno o alcalde "tendrá la oportunidad de explicarse" e os grupos da oposición a intervir e ofrecer propostas "con total transparencia".

Unha vez recibidas as explicacións "oportunas", engade o voceiro o PP, será o momento de adoptar medidas a este respecto, entre elas a suspensión do procedemento ou reinicialo desde o principio.

Iso si, o PP ten claro que a remunicipalización do servizo "no es una opción", ao entender que o Concello non ten estrutura nin capacidade investidora suficiente para facerse cargo do servizo de xeito directo.

Arquivado en