O PP pide que se declare a Ponte Caldelas "zona catastrófica" tras o desbordamento do Verdugo

Ponte Caldelas
04 de novembro 2023

O Grupo Municipal do Partido Popular solicitou ao alcalde a convocatoria urxente dunha Xunta de Portavoces para analizar as consecuencias do último temporal, que ocasionou cuantiosos danos no campo de fútbol de Chan da Barcia ademais de en leiras particulares ou nas instalacións dos Coribantes de Buchabade

Representantes do PP de Ponte Caldelas comproban os danos do temporal no campo de fútbol de Chan da Barcia
Representantes do PP de Ponte Caldelas comproban os danos do temporal no campo de fútbol de Chan da Barcia / PP de Ponte Caldelas

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ponte Caldelas solicitou ao alcalde a convocatoria urxente dunha Xunta de Portavoces para analizar as consecuencias do último temporal, que ocasionou cuantiosos danos no campo de fútbol de Chan da Barcia ademais de en leiras particulares ou nas instalacións dos Coribantes de Buchabade.

Ante a grave situación, en especial pola situación do campo de fútbol da localidade, o PP propón a creación dunha fronte institucional que solicite formalmente a declaración de zona catastrófica que facilite o auxilio de Goberno central, Xunta e Deputación.

"Debemos unir esforzos todos para dar unha resposta positiva ante un grave suceso que afecta de maneira moi directa á Escola de Fúbol do Ponte Caldelas, á agrupación de música tradicional Os Coribantes de Buchabade, as propias instalacións municipais en varios edificios públicos, ao pavillón de deportes así como a muros e vivendas particulares da veciñanza que resultaron asolagadas pola especial virulencia deste temporal no noso municipio", explicou o portavoz popular, Antón Xil.

A petición ao Concello foi xa presentada a través do rexistro telemático da administración local.