O PP pide "explicaciones" ao Concello polo incendio e o PSdeG-PSOE reclama "prudencia"

Pontevedra
02 de febreiro 2016

Ademais, a portavoz de Ciudadanos, María Rey, que onte á noite estaba visiblemente afectada polas consecuencias do incendio, sinalou este martes que a sede do seu partido -que está situada nun dos edificios lindeiros co que quedou calcinado- apenas sufriu danos. "Está todo lleno de polvo, pero no hay daños graves", desvelou

Tarefas de extinción do incendio desde a praza da Ferrería
Tarefas de extinción do incendio desde a praza da Ferrería /

Respecto do incendio entre A Ferrería e Michelena, o portavoz municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, quixo solidarizarse cos veciños e comerciantes afectados polo incendio e felicitou aos corpos e forzas de seguridade que participaron no dispositivo. 

O portavoz do PP celebrou que non houbese vítimas persoais, que os danos se haxan limitado a este único inmoble e que os bombeiros lograsen que o lume non se estendese aos edificios lindeiros que "era lo que temíamos todos".

Iso si, Moreira reclamou ao alcalde de Pontevedra a convocatoria "urgente" dunha Xunta de Portavoces para que o goberno municipal ofreza "explicaciones" sobre o operativo de seguridade despregado. Esperan que non se repita, sinalou, o sucedido co incendio do aparcadoiro de Montero Ríos do que "dos años después siguen sin explicarnos las causas".

Pola súa banda, o portavoz do PSdeG-PSOE, Agustín Fernández optou por "esperar e ser prudentes", xa que asegura que "haberá tempo para valorar as cousas".

O edil socialista mostrouse partidario de que os servizos municipais fagan "con calma" os correspondentes informes que expliquen de forma detallada "se houbo erros e como corrixilos", pero sempre con "absoluta prudencia" e deixándose de "demagoxias" porque afirmou que lle parecería "miserable" que alguén tratase de obter réditos políticos "sen saber o que pasou"

En todo caso, Fernández defendeu a actuación dos bombeiros, que foron recibidos con apupos por parte da xente que estaba na Ferrería, porque "se houbo algún fallo, desde logo non foi por parte deles".

"Hoxe estamos tristes porque hai unha ferida importante no corazón de Pontevedra", subliñou o portavoz do PSdeG-PSOE, que pediu tanto ao Concello como á Xunta de Galicia que traten este asunto "con cariño e sensibilidade" e que se axilicen os trámites que poidan realizar os propietarios do inmoble se deciden afrontar a súa rehabilitación.

A SEDE DE CIUDADANOS, SEN DANOS

Ademais, a portavoz de Ciudadanos, María Rey, que onte á noite estaba visiblemente afectada polas consecuencias do incendio, sinalou este martes que a sede do seu partido -que está situada nun dos edificios lindeiros co que quedou calcinado- apenas sufriu danos. "Está todo lleno de polvo, pero no hay daños graves", desvelou.

Arquivado en