A Deputación instalou lombos de acougado de tráfico na estrada provincial que pasa por Campelo e o Partido Popular sorprendeuse porque estes elementos implantáronse en zonas que contan cun pavimento que se atopa deteriorado.
Ángel Moldes, portavoz local do Partido Popular reclama máis actuacións para esta zona e que a intervención non finalice coa instalación de badéns.
Piden un plan integral que inclúa todas as medidas necesarias para garantir a seguridade viaria, coa creación de beirarrúas, a pavimentación da estrada, o saneamento e a humanización de todo esta contorna.
Moldes incide en que, a instancias do PP, a Deputación aprobara hai dous anos por unanimidade unha moción para priorizar obras para unha actuación integral en Campelo.
O PP lamenta que o alcalde de Poio, Luciano Sobral, non diga nada contra a Deputación cando lle esixe a cesión de terreos para que se poida acometer a creación de beirarrúas nesta estrada e con todo, criticase que a Xunta pedira terreos para as beirarrúas da PO-308.