O PP mételle presa a Ana Pastor para que proceda á inmediata licitación do tramo Vilaboa-A Ermida da A-57

Pontevedra
10 de decembro 2014

A través dunha moción que os populares presentarán no último Pleno do ano, se solicitará o Ministerio de Fomento que proceda á inmediata licitación deste tramo

Comité Executivo Local do PP
Comité Executivo Local do PP / Partido Popular de Pontevedra

O grupo municipal do Partido Popular presentará unha moción no último Pleno do ano na que se solicitará ao Ministerio de Fomento que proceda á licitación inmediata do tramo entre Vilaboa e A Ermida, cumprindo así o compromiso adquirido coa cidade de Pontevedra nos últimos Orzamentos Xerais do Estado.

⿿A nosa cidade é a única capital de provincia que non conta cunha circunvalación, imprescindible para articular o noso territorio⿝, sinala o presidente local do Partido Popular, Jacobo Moreira.

Os populares consideran que a A-57 permitirá liberar de tráfico pesado os tramos urbanos da N-550 e da N-541, e ademais poñerá en valor os polígonos de O Campiño e A Reigosa ao mellorar o seu acceso.

O pasado mes de marzo someteuse a información pública este tramo e hai cinco meses obtívose a declaración de Impacto Ambiental favorable.

Na reunión do Comité Executivo Local do Partido Popular, Moreira sinalou que ⿿é necesario manter, como ata agora, unha postura unida de todas as administracións para lograr que a circunvalación, tan necesaria, sexa dunha vez por todas unha realidade⿝.

A reunión contou coa presenza de Alfonso Rueda e Pilar Rojo.

Arquivado en