O PP local esixirá que "o que obtén de Ence en Pontevedra" reverta na cidade

Pontevedra
02 de febreiro 2016

Jacobo Moreira lembrou que o millón e medio de euros do canon por ocupación do dominio público marítimo-terrestre que abona Ence anualmente non reverterá directamente en Pontevedra porque a cantidade deposítase no Tesouro Público e non ten un destino finalista, pero asegurou que o PP local vai pedir que "xa que Pontevedra soportou o peor de Ence, ten tamén que ver recompensado todo iso e recuperar o moito que lle deu"

Reunión do PP de Pontevedra con Comisións Obreiras e UGT
Reunión do PP de Pontevedra con Comisións Obreiras e UGT / Mónica Patxot

O Grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra mantivo na tarde deste luns unha reunión cos Secretarios Comarcais de Comisións Obreiras e UXT, José Luis García Pedrosa e Ramón Vidal, para falar da prórroga Ence e a súa repercusión en materia laboral, defendendo a idea de que "o que obtiene Ence de Pontevedra" reverta na cidade.

O presidente local dos populares, Jacobo Moreira, considera necesario poñer en común a estratexia para seguir para "lograr luchar contra el principal problema de Pontevedra: el paro", apuntou.

En declaracións aos medios, o portavoz do PP no Concello asegurou que "si la empresa gana, Pontevedra tiene que ganar", reiterou Jacobo Moreira quen lembrou que "una de las tres condiciones que puse a la hora de apoyar la permanencia de la fábrica fue la generación de empleo, y que dichos puestos de trabajo sean de calidad".

Agora, unha vez concedida a prórroga á fábrica, o portavoz popular ha insistido en que no PP "no somos los aliados de Ence, estamos con los trabajadores y con sus familias" e por iso pediu hoxe aos representantes sindicais "caminar de la mano, fijar unos objetivos y ayudarnos mutuamente para que a partir de ahora sea Pontevedra quien gane".

Moreira quere que os representantes dos traballadores alértenlles de "cualquier problema, de cualquier incidencia en el ámbito laboral" porque "el Partido Popular será el primero en pedir mejoras laborales", engadiu.

INVESTIMENTOS

O presidente local dos populares, Jacobo Moreira, anunciou que tentarán manter unha reunión ao Director de Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, para que lles detalle os investimentos que o Grupo ten previstas na súa fábrica de Lourizán.

Investimentos ambientais, en xeración de emprego e "que Ence se vuelque con la sociedad Pontevedra que es lo que siempre hemos echado en falta" enumerou Moreira sobre as esixencias que o seu partido demándalle á empresa de celulosa.

CANON

Jacobo Moreira lembrou que o millón e medio de euros do canon por ocupación do dominio público marítimo-terrestre que abona Ence anualmente non reverterá directamente en Pontevedra porque a cantidade deposítase no Tesouro Público e non ten un destino finalista, pero asegurou que o PP local vai pedir que "ya que Pontevedra ha soportado lo peor de Ence, tiene también que ver recompensado todo eso y recuperar lo mucho que le ha dado".

Neste sentido insistiu na idea "lo que obtiene Ence de Pontevedra que revierta en Pontevedra".

Arquivado en