O vecindario de Mollabao ten previsto celebrar unha asemblea o vindeiro mércores 21 ás 19.00 horas na parada do autobús. A esta cita xa se comprometeron a asistir representantes municipais do Partido Popular, PSOE e Ciudadanos.
O voceiro do grupo municipal do PP, Rafa Domínguez, anunciou este domingo que o seu partido vai presentar unha moción no vindeiro pleno para debatir sobre o estado en que se atopa este barrio de Pontevedra.
Segundo afirma Domínguez, o proxecto de reforma de Mollabao anunciado polo goberno de Fernández Lores hai máis dun ano e medio volverá atrasarse e sinala que "non se pode mirar cara o futuro cunha planificación urbanística de hai 30 anos" e urxe ao goberno nacionalista a sacar adiante un novo Plan Xeral de Ordenación Urbana.
Neste sentido considera que Mollabao está sendo discriminado e afirma que non pode ser que os veciños destes barrios se atopen a 700 metros da Peregrina e "pareza que están a 700 quilómetros". O representante popular nunha recente visita á zona gravou un vídeo que difundíu nas redes sociais.
¿Para qué sirve un PXOM? Para esto sirve! #Mollabaopic.twitter.com/hUqD6ROLbt
— Rafa Domínguez (@RafaDominguezPo) 14 de noviembre de 2018