O PP leva a Fiscalía as presuntas irregularidades do contrato de xardíns en Pontevedra

Pontevedra
27 de novembro 2014

"Hemos tenido toda la paciencia del mundo y no hemos obtenido respuesta", explicou Jacobo Moreira. "Flaco favor haríamos a los vecinos si no damos este paso". No goberno municipal non sorprendeu o paso dado polo Partido Popular. "Era previsible vendo a historia do PP con este contrato", sinalou a edil Anxos Riveiro, responsable da área de Parques e Xardíns, quen vinculou ademais esta denuncia no ambiente electoral

Operario do servizo e mantemento de xardíns de Pontevedra
Operario do servizo e mantemento de xardíns de Pontevedra

O voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira, anunciou este xoves que trasladaron á Fiscalía as presuntas irregularidades do contrato do Concello de Pontevedra con Elsamex, responsable do servizo de mantemento e coidado dos xardíns da cidade. "Hemos tenido toda la paciencia del mundo y no hemos obtenido respuesta", explicou. "Flaco favor haríamos a los vecinos si no damos este paso".

Moreira recordou que o contrato inicial con Elsamex se asinou en 2006 e estendeuse, mediante as correspondentes prórrogas, ata 2012. A partir de aí, o goberno municipal prorrogou o contrato por dúas anualidades, a pesar de contar con varios informes técnicos en contra e con reparos de diferentes servizos levantados polo propio alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

E dende febreiro de 2014, segue prestando este servizo sen que haxa contrato. A empresa presenta facturas mensuais, segundo o PP, duns 35.000 euros mensuais, que son cuestionadas polos servizos municipais e acaban sendo aprobadas polo alcalde.

"Si es delito o no, no nos corresponde a nosotros decidirlo", sinalou Jacobo Moreira. Pero reiterou que un político "tiene que ser valiente y asumir sus decisiones", en relación á postura que sobre este asunto mantiveron dende o Concello de Pontevedra.

O voceiro popular reiterou que "lo hemos intentamos todo" para que o goberno municipal dese explicacións sobre este contrato, solicitándoo a través dos medios de comunicación, iniciativas plenarias ou, mesmo, cunha carta dirixida ao alcalde. Chegou a presentar tamén unha queixa ante o Valedor do Pobo, que requiriu información ao Concello e o instou a sacar a licitación un novo contrato.

O NOVO CONTRATO, A PUNTO DE LICITARSE

No goberno municipal non sorprendeu o paso dado polo Partido Popular. "Era previsible vendo a historia do PP con este contrato", sinalou a edil Anxos Riveiro, responsable da área de Parques e Xardíns, quen vinculou ademais esta denuncia no ambiente electoral. Sinalou que "resulta sorprendente" que Jacobo Moreira non houbese consultado o estado do expediente ou aos técnicos municipais.

Así tería sabido, dixo Anxos Riveiro, que o prego do novo contrato de xardíns está "case finalizado". Xa recibiu o visto e prace do servizo de Contratación e só faltaría o informe de Intervención, antes de que poida ser tratado en Xunta de Goberno e, posteriormente, comezar cos prazos de licitación e adxudicación que marca a lei de contratos públicos.

"ÿ certo que nos gustaría que se tramitara todo de xeito máis rápido", recoñeceu a edil nacionalista. Pero recordou que se trata dun contrato "grande" valorado en 730.000 euros e iso merece un especial coidado na súa tramitación. Ademais, defendeu que a intención do goberno municipal sempre foi considerar como "prioritario" que os xardíns da cidade se manteñan "nas mellores condicións posibles".

En todo caso, Anxos Riveiro sinalou que se a Fiscalía require documentación sobre este asunto "se facilitará toda a información posible".

Arquivado en