O PP esixe unha mellora "inmediata" da recollida de lixo na cidade

Pontevedra
05 de setembro 2019

Pontevedra está a dar unha imaxe "deplorable", segundo o Partido Popular, pola "pésima gestión" do goberno municipal en materia de recollida de lixos. Por iso, a edil Pepa Pardo reclamou este xoves que se produza unha reunión entre o Concello e a empresa que xestiona este servizo para abordar unha mellora "inmediata"

Pepa Pardo e Silvia Junco, na sala de prensa do Concello
Pepa Pardo e Silvia Junco, na sala de prensa do Concello / Partido Popular de Pontevedra

Pontevedra está a dar unha imaxe "deplorable", segundo o Partido Popular, pola "pésima gestión" do goberno municipal en materia de recollida de lixos. Por iso, a edil Pepa Pardo reclamou este xoves que se produza unha reunión entre o Concello e a empresa que xestiona este servizo para abordar unha mellora "inmediata".

"Tenemos un gobierno local desaparecido, que no da noticias y tampoco da explicaciones", recalcou Pardo, que se preguntou que ten que pasar para que o alcalde, o portavoz do PSOE ou concelleiro encargado da área de limpeza dean explicacións sobre esta cuestión.

Os populares, entre outras medidas, solicitan que o servizo de recollida de lixos se reforce con contedores limpos, baleiros e sen romper e con horarios racionais que non prexudiquen a hostaleiros e comerciantes.

A este respecto, Pepa Pardo avanzou que o PP presentará unha moción ao próximo pleno municipal porque "es bueno que los pontevedreses conozcan por qué está pasando lo que está pasando".

A orixe deste problema, engadiu a concelleira popular, está no "deteriorado" contrato coa empresa Ferrovial Servizos que, ao seu xuízo, "está caducado e se ha quedado viejo" e, ademais, non se axusta ás características da Pontevedra actual.

Para Pepa Pardo a causa das prórrogas, especialmente das últimas, é a compostaxe. Na posta en marcha deste sistema, denunciou, o goberno municipal "no ha parado de dar bandazos y aún no tiene claro qué es lo que quiere hacer".