O PP esixe "máis diálogo e máis previsión" para evitar que Pontevedra volva ser unha "ciudad amurallada" polo tríatlon

Pontevedra
29 de agosto 2018

Ante o reto do Mundial  Multisports 2019 piden cambios por parte do Goberno do BNG. "Pontevedra experimentó este fin de semana lo que es vivir en una ciudad amurallada"

José Luis Martín, concelleiro do PP
José Luis Martín, concelleiro do PP / Paula Sanmartín

Os populares esixen ao Goberno local "más previsión y más diálogo" para evitar que se repitan problemas como ocasionados este fin de semana durante a celebración do Campionato de Tríatlon que converteron a Pontevedra nunha "ciudad amurallada".

O concelleiro popular, José Luis Martín, afirmou en rolda de prensa que "la prioridad deben ser los vecinos y los comerciantes de Pontevedra, no la propaganda del BNG".

Para o edil do PP "la falta de previsión fue evidente" por parte do goberno local e por iso as queixas veciñais "que obligaron a la propia Carme da Silva a pedir disculpas, aunque no con toda la sinceridad que nos gustaría", sinalou Martín, pois "con soberbia, declarando que Pontevedra parecía una ciudad Olímpica, faltó al respeto tanto a los comerciantes como a los vecinos que se vieron aislados durante la realización de esta prueba".

Ademais apunta que cortar ao tráfico unha estrada nacional "es algo muy serio y no se midieron las consecuencias".

Desde o grupo municipal do Partido Popular expoñen "medidas asumibles" que pasan polo diálogo cos veciños e coas asociacións de comerciantes "pues ellos ya advierten de los problemas a los que se le podrían dar solución con previsión" e propoñen entre outras solucións que se celebren as probas en domingo, que se permita aparcar en zonas de servizos ou de carga e descarga, dar prioridade aos veciños afectados nos aparcadoiros disuasorios ou permitir o acceso á Praza de Abastos.