O PP esixe aos socialistas que recoñezan a súa responsabilidade nas preferentes

Pontevedra
08 de marzo 2013

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, calificou coma "demagóxica" a actitude do Partido Socialista, en referencia ás reunións que o voceiro de Economía do PSOE no Congreso e exministro de Traballo, Valeriano Gómez, está a manter estes días coas Plataformas de afectados polas Preferentes en toda a provincia

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, calificou coma "demagóxica" a actitude do Partido Socialista, en referencia ás reunións que o voceiro de Economía do PSOE no Congreso e exministro de Traballo, Valeriano Gómez, está a manter estes días coas Plataformas de afectados polas Preferentes en toda a provincia.

Segúndo Louzán os socialistas están "no polo oposto ao que está facendo o PP que, sen ter responsabilidades traballa desde o minuto un na busca de solucións". Así, criticou que o ex ministro do goberno socialista que "permitiu a comercialización das preferentes pretenda dar leccións aos afectados".

"Pretenden manipular aos afectados e usar politicamente este conflito"

O presidente provincial recalcou que o PSOE "tivo unha gran responsabilidade no asunto" e debería recoñecela.

Fronte a isto o mandatario popular quixo deixar claro que, cando se aborda o problema das preferentes, "hai que diferenciar entre a defensa que se debe facer e que o PP está exercendo dos realmente afectados e a politización que algúns están tratando de facer do asunto".

Neste sentido, Louzán, que esta mesma mañá se reuniu con alcaldes populares dos concellos máis afectados polas preferentes e que "están a sufrir constantes ataques por parte de grupos de persoas que pretenden manipular aos afectados e usar politicamente este conflito", destacou a "estrema nobreza" dos alcaldes populares e o seu apoio incondicional aos afectados.

"Sindicalistas radicais que están actuando como un verdadeiro comando radical para atacar ao PP"

"Malia os insultos e provocacións que están a sufrir de forma reiterada por parte de sindicalistas radicais que están actuando como un verdadeiro comando radical para atacar ao PP", os populares están actuando con responsabilidade e rigor dixo Louzán.

Así, subliñou que non é de recibo que se estean a "rebentar" plenos e a "impedir o normal funcionamento" da administración local cando esta está gobernada polo PP. "Mostra gráfica da politización do asunto é, dixo, que mentres en Tui acoden a provocar e obrigar a suspender o pleno, no concello veciño de Salceda acoden a aplaudirlle ao alcalde".

"¿Que culpa ten o alcalde de Tui? ¿Que mérito ten o alcalde de Salceda?", dixo, antes de reclamar liberdade para que os rexedores locais poidan desenvolver con normalidade o seu labor nos concellos.