O PP denuncia o "atraso generalizado" das obras do Goberno central en Pontevedra e o "ninguneo del PSOE con la ciudad"

Pontevedra
02 de xullo 2021

Na sede provincial do PP compareceron hoxe ante os medios de comunicación, a deputada nacional Ana Pastor, a senadora Pilar Rojo, a deputada autonómica Lupe Murillo, a deputada provincial  Pepa Pardo e o presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, que criticaron o "dejadez a la que está sometida Pontevedra por parte del Gobierno central"  

Representantes do Partido Popular
Representantes do Partido Popular /

Deputados nacionais, autonómicos e provinciais do Partido Popular han denuncio este venres o "retraso generalizado" das obras do Goberno central en Pontevedra e o "ninguneo del PSOE con la ciudad".

Na sede provincial do PP compareceron hoxe ante os medios de comunicación, a deputada nacional Ana Pastor, a senadora Pilar Rojo, a deputada autonómica Lupe Murillo, a deputada provincial Pepa Pardo e o presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, que criticaron o "dejadez a la que está sometida Pontevedra por parte del Gobierno central".

A vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, Ana Pastor fixo un balance do traballo dos populares no Congreso en relación á cidade de Pontevedra asegurando que se presentaron unhas 400 preguntas, máis dunha ducia de solicitudes de informes e numerosas proposicións non de lei. 

Segundo Ana Pastor, "con este Gobierno, Pontevedra ha perdido más de 100 millones de euros en inversiones" e indicou que o PP presentou 59 emendas só para a cidade do Lérez cun valor próximo aos 60 millóns de euros e "a todo nos han dicho que no", indicou.

Os populares sostiveron que  "con la llegada del PSOE al Gobierno, Pontevedra ha sido abandonada" xa que "no solo no se presentan proyectos nuevos o ilusionantes para la ciudad, es que se abandonan aquellos que ya estaban consolidados". 

Debido a este "ninguneo" coa capital da provincia, o Partido Popular anuncia unha "ofensiva" en todos os ámbitos políticos, a nivel local, a nivel provincial, a nivel autonómico e a nivel nacional, tanto no Congreso como no Senado, "para defender los intereses de Pontevedra y los de sus ciudadanos". 

Entre outros proxectos citaron "parálise absoluta" das obras da circunvalación de Pontevedra, o paseo litoral ata Marín, a "lentitude" na licitación do nó de bombeiros ou o "total abandono" do edificio que ocupaba o Ministerio de Facenda en San Francisco.

Os populares avanzaron que presentarán diferentes mocións en diferentes organismos, empezando polo Concello de Pontevedra e a Deputación, para "exigir al PSOE que cumpla de una vez con Pontevedra".