O PP de Pontevedra cualifica de "inxusto" o anuncio da creación dun novo pavillón deportivo

Pontevedra
17 de febreiro 2020

O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, Guille Juncal, cualificou de "inxusto e indebido" o anuncio da creación dun novo pavillón deportivo na cidade, "cando atletas de alto nivel adestran en condicións absolutamente do terceiro mundo"

Xornada 12 do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina fronte ao Leganés
Xornada 12 do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina fronte ao Leganés / Diego Torrado

O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, Guille Juncal, cualificou de "inxusto e indebido" o anuncio da creación dun novo pavillón deportivo na cidade, "cando atletas de alto nivel adestran en condicións absolutamente do terceiro mundo".

O responsable de deportes no PP local asegura que a día de hoxe algúns pais que asisten aos adestramentos dos seus fillos teñen que estar dentro do pavillón "con paraugas polas pingueiras".

"É unha pena anunciar a construción dun novo pavillón exclusivo para tenis de mesa cando os pavillóns que temos están en pésimas condicións", insistiu o edil popular.

"Non é aceptable que se gaste o diñeiro nun pavillón que non é necesario neste momento", engadiu o Partido Popular nun comunicado. 

Finalmente Guille Juncal criticou ao tenente de alcalde e responsable de Deportes no Concello de Pontevedra, Tino Fernández, por non recoñecer estas deficiencias que denuncia o PP para "non molestar aos seus socios de BNG", responsables da área deportiva no anterior mandato.