O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Pontevedra ven de denunciar dous casos máis de contratos de servizo prorrogados, supostamente, de xeito irregular polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Cos de este venres os populares xa denunciaron catro casos nos últimos meses.
O voceiro popular, Jacobo Moreira, en rolda de prensa esixiu unha inmediata explicación por parte do rexedor da xestión, paralela no tempo, dos dous contratos de limpeza e mantemento técnico do Pazo de Cultura e o Recinto Feiral, adxudicados en maio de 2007, a Eurolimp S.A. e Ferrovial e Servizos S.A., respectivamente, ambas compañías do grupo Ferrovial.
Segundo explicou Jacobo Moreira o período de vixencia era de dous anos, prorrogables por outros dous, de xeito que debían finalizar en maio de 2011. A xerente do Pazo propuxo sendas ampliacións extraordinarias, que o departamento de Intervención considerou que non tiñan amparo normativo. O PP non atopou documentación sobre a concesión desas prórrogas, pero si que ao ano seguinte, en maio de 2012, a xerente volveunas solicitar. De novo houbo un informe desfavorable de Intervención, pero as ampliacións concedéronse. Jacobo Moreira apunta que"los dos contratos llevan prorrogados de manera irregular nada menos que dos años".
O PP lembra tamén que o Concello anunciou hai un ano o inicio do proceso de adxudicación destes dous servizos de xeito integral, é dicir, unificados nun so expediente. Sen embargo, a día de hoxe non aparece na documentación publicada na rede polo organismo autónomo Pazo de Cultura (Perfil do Contratante) que se teña licitado ese contrato unificado, e as prórrogas irregulares, nos dous casos, están vencidas.
Con estas dúas son xa catro as denuncias públicas feitas polos concelleiros do PP, a primeira foi a do caso de Elsamex, no mantemento de xardíns, "sobre el que Lores no ofreció aún ninguna explicación", dixo Moreira. Logo chegou a denuncia referente a Serviocio e a explotación das piscinas de Campolongo, "que tenía la peculiaridad de que las prórrogas aprobadas con el rechazo expreso de los departamentos de Secretaría e Intervención municipales habían sido nada menos que cuatro".
Moreira insistiu en que os dous novos casos sobre os servizos no recinto feiral presentan outra particularidade, como é que benefician a unha multinacional moi presente no Concello de Pontevedra, pois ao grupo Ferrovial pertence tamén Cespa, a concesionaria da recollida de lixo, e ata hai catro anos, Cintra, a adxudicataria do aparcamento da praza de España.
Moreira cre que toda esta "prolífica ampliación de contratos saltándose cualquier canal normativo" merece unha explicación urxente por parte do alcalde, "tanto por las evidencias de ilegalidad como por esa evidente tendencia a favorecer a grandes corporaciones empresariales".
RESPUESTA DEL GRUPO DE GOBIERNO
O voceiro do goberno municipal, Raimundo González, ao fío destas declaracións do xefe da oposición dixo de Jacobo Moreira que "continúa moi enrabietado, eu creo que pouco favor lle fai a cidade porque un partido político como é o Partido Popular que represena a unha parte moi importante dos cidadáns ten que ter un representante digno no concello. Xa se mete ata cos xuices, alá el, pero a cidade se merece algo máis"