O PP de Poio pide que se priorice o dragado de Campelo á limpeza do Lérez "para os iates"

Pontevedra
10 de marzo 2015

O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes solicita que o dragado se faga pensando nas 800 persoas que en Poio viven do sector do mar

Os voceiros municipais do Partido Popular en Pontevedra e Poio, Jacobo Moreira e Ángel Moldes (6/11/2013)
Os voceiros municipais do Partido Popular en Pontevedra e Poio, Jacobo Moreira e Ángel Moldes (6/11/2013) / Mónica Patxot

O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes pediu a Xunta que o dragado da ría se faga pensando nas 800 persoas que en Poio viven do sector do mar.

"Resulta curioso que os pescadores e mariscadores leven dez anos reclamando unha solución para o estado do fondo do río, porque de iso depende o traballo de moitas familias, e Lores só interveña cando afecta ás embarcacións de recreo", foi a primeira reacción de Ángel Moldes ás recentes declaracións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores reclamando o dragado do Lérez a instancias do Club Naval de Pontevedra.

O candidato do PP en Poio engadiu que "no lugar do seu tradicional victimismo, o señor Lores debería pedir perdón por ser uno dos principais responsables da lamentable situación do río". Ao seu xuízo a construcción da Ponte das Correntes "contribuíu enormemente á acumulación de lodos e lixo e supuxo un impacto ambiental considerable".

"Pero agora os propietarios dos yates se queixan e o señor Lores devece por pedir ⿿solucións conxuntas⿿ e ⿿a dragaxe inmediata⿿. Non sabe que facer para que na baixamar o río este ⿿presentable⿿ para os paseantes", afirmou Ángel Moldes, quen sinalou que para o PP de Poio, "antes que os iates veñen as embarcacións dos pescadores e o marisqueo a pé, e antes que arranxar a ría para poder pasear, hai que limpala para poder traballar e comer".