O PP de Poio denuncia o abandono do Palacete de Besada

Poio
22 de maio 2017

O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes, acompañado dos concelleiros Rocío Cochón e Juan José Rodríguez Grandal, ofreceron unha rolda de prensa este luns nun entorno moi pouco visitado, o interior do Palacete de Besada, para denunciar o estado de abandono do edificio e que equipararon co trato que dá o goberno municipal á parroquia de San Salvador

Estado no que se atopa o Pazo de Besada
Estado no que se atopa o Pazo de Besada / PP de Poio

O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes, acompañado dos concelleiros Rocío Cochón e Juan José Rodríguez Grandal, ofreceron unha rolda de prensa este luns nun entorno moi pouco visitado, o interior do Palacete de Besada, para denunciar o estado de abandono do edificio e que equipararon co trato que dá o goberno municipal á parroquia de San Salvador.

Segundo os populares, os pisos e teitos sen acondicionar, as paredes sen pintar, e a ausencia total de apliques ou adornos na estensa superficie do pazo –salvo polas vidrieiras restauradas hai anos- son "un reflexo do abandono da parroquia máis poboada do noso concello".

O contraste entre o maxestuoso exterior e un interior no que nalgún rincón amontónanse caixas, tablóns e plásticos dá unha idea, para o PP, dun goberno "que intenta disimular pero esa imaxe desfaise en canto rascas un pouco".

O PP preguntará no próximo pleno "que proxecto ten o bipartito para este pazo" e cal é o motivo para desaproveitar "un tesouro histórico e natural" que actualmente está "en obra", abandonado desde a súa reapertura en 2011.

Xa en 2011 o goberno local falaba de destinar o edificio a usos públicos ou incluso poñer unha cafetería, "coma sempre, quedou en nada", lamentou Moldes.