O Partido Popular de Poio comprométese a dotar de saneamento e ampliar o parque de Vilariño, así o anunciou o candidato á Alcaldía, Ángel Moldes que visitou a zona para presentar o seu compromiso co que "dar resposta a demandas históricas dos veciños".
"Non ten sentido que existan lugares como Vilariño sen saneamento nin auga mentres temos desde hai máis de cinco anos o contrato da auga caducado", asegura o portavoz do PP que considera que "a forma máis rápida para dar resposta é un novo contrato que obrigue á empresa adxudicataria a facer investimentos para mellorar e ampliar a rede municipal, e desde logo que este sería un deles".
Por outra banda, Moldes anunciou que xa iniciou os contactos cun propietario para ampliar a área infantil e instalar unha zona con aparatos biosaudables para adultos, e coa posibilidade incluso de crear unha pista de xogo.
"O noso compromiso é claro, imos facer o que PSOE e BNG no fixeron en 28 anos", sentenciou.