O PP dá as grazas aos seus concelleiros dos últimos 40 anos polo seu "amor incondicional a esta cidade"

Pontevedra
03 de maio 2019

Durante os últimos 40 anos, as distintas corporacións municipais de Pontevedra tiveron 60 concelleiros do Partido Popular. A todos eles foi dirixida a homenaxe realizada este venres pola agrupación 'popular' na Finca Batacos, ao que asistiron máis de 250 persoas, entre eles, 40 deses edís  

Cea homenaxe aos concelleiros do PP en Pontevedra os últimos 40 anos
Cea homenaxe aos concelleiros do PP en Pontevedra os últimos 40 anos / Mónica Patxot

Durante os últimos 40 anos, as distintas corporacións municipais de Pontevedra tiveron 60 concelleiros do Partido Popular. A todos eles foi dirixida a homenaxe realizada este venres pola agrupación 'popular' na Finca Batacos, un acto de recoñecemento a todos eses edís, aos que o actual portavoz do partido e candidato á Alcaldía nas próximas eleccións municipais do 26 de maio, Rafa Domínguez, quixo dar as grazas "polo voso tempo, polo voso esforzo e polo voso amor incondicional a esta cidade".

Un total de 40 deses 60 concelleiros do PP asistiron a céaa homenaxe. O resto, ou lamentablemente faleceron ou escusaron a súa presenza. Ao acto acudiron o presidente provincial do partido, Alfonso Rueda, e a presidenta do Congreso e candidata do PP pola provincia nas últimas eleccións xerais, Ana Pastor, actualmente deputada electa. Xunto a eles, máis de 250 afiliados e simpatizantes do partido

Rafa Domínguez agradeceulles que son "parte da historia de Pontevedra, unha cidade histórica que os seus veciños e dirixentes axudaron a levantar durante décadas. Cada un co seu gran de area" e quixo recoñecer "as horas que se botan sendo concelleira, as tardes e noites indo ver un problema a unha parroquia, os quilómetros, os desgustos e as decepcións" e "a inmensa alegría que se vive por poder resolver un problema, por mellorar a vida dun veciño, os bos intres con compañeiros ou a satisfacción por sentirche parte de Pontevedra". 

O alcaldable do PP aproveitou para facer un acto de pre campaña de fronte ao 26 de maio e reivindicou ao seu partido como "moderado, de centro, con vocación de goberno" e tamén que "puxo a Pontevedra sempre por encima de todo". Lembrou, ademais, que a súa Pontevedra é "a de Eligio Cancela, a de Rivas Fontán, a de Pancho Cobián, a de Juan Luís Pedrosa, a de Teresa Pedrosa, a de Telmo Martín e a de Jacobo Moreira", en alusión aos alcaldes e candidatos do PP das últimas décadas na cidade.  

Arquivado en