O PP culpa o Concello do peche da piscina de Pontemuiños por non dar unha solución

Pontevedra
28 de febreiro 2023

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e o concelleiro Guille Juncal, mantiveron unha reunión cos clubs que utilizan esta piscina e coa Fundación Rías do Sur na véspera do peche das instalacións

Reunión do PP cos clubs que utilizan esta piscina e coa Fundación Rías do Sur
Reunión do PP cos clubs que utilizan esta piscina e coa Fundación Rías do Sur /

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, culpa ao Concello do peche da piscina de Pontemuiños por non dar unha solución. 

Rafa Domínguez e o concelleiro Guille Juncal, mantiveron unha reunión cos clubs que utilizan esta piscina e coa Fundación Rías do Sur

En abril de 2022 a empresa Supera, a concesionaria do complexo deportivo de Pontemuiños decidía de forma unilateral o peche da piscina olímpica. Para Juncal, desde entón, "el alcalde y el concejal de Deportes han ido sumando una promesa tras otra sin dar una solución a este conflicto".

Segundo comunicou o PP, a Fundación Rías do Sur comunicou aos clubs a decisión de atrasar un mes máis a apertura da instalación "debido a la ausencia de respuesta por parte del Concello a una posible colaboración". 

"Si en este mes el Concello no ofrece ninguna solución, la instalación deberá cerrar y los deportistas buscar, en concellos cercanos, una alternativa", apuntan desde o Partido Popular.

Rafa Domínguez sinalou que "Pontevedra tiene una instalación puntera, con capacidad para poder ser la referencia del deporte de agua en Galicia pero que, lamentablemente, si el Concello sigue sin dar una solución, permanecerá cerrada y sin uso".