O PP critica que PSOE e BNG non desbloqueen a situación "bochornosa" do paseo de Pontevedra a Marín tras meses terminado

Pontevedra
26 de outubro 2021

As obras comezaron en xullo do 2020 e tiñan un prazo de nove meses para a súa execución. Con todo, o PP critica que, máis dun ano despois, "a situación é de auténtico bloqueo" e o paseo xa presenta "signos de deterioración e maleza en certas zonas", con plantas que xa superan a altura dos propios valos de seguridade

Tramo do novo paseo peonil e ciclista entre Pontevedra e Marín na PO-12
Tramo do novo paseo peonil e ciclista entre Pontevedra e Marín na PO-12 / PontevedraViva

O PP de Pontevedra referiuse este martes ao atraso na apertura do paseo marítimo entre Pontevedra e Marín, unha obra do Goberno estatal terminada desde hai meses e pendente de inauguración.

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, centra as súas críticas no  Concello de Pontevedra, ao que reprocha que en marzo a súa apertura "inminente" sen que, en outubro, haxa noticias da súa apertura. 

Tamén o PSOE é foco das súas críticas, pois o Goberno estatal que promoveu a obra ten na actualidade un goberno socialista. Considera "bochornoso" para a cidade que nin o PSOE nin o BNG poidan desbloquear esta situación e traballar porque se abra a primeira parte desta senda.

As obras comezaron en xullo do 2020 e tiñan un prazo de nove meses para a súa execución. Con todo, o PP critica que, máis dun ano despois, "a situación é de auténtico bloqueo" e o paseo xa presenta "signos de deterioración e maleza en certas zonas", con plantas que xa superan a altura dos propios valos de seguridade.

Para Rafa Domínguez, é "inconcibible" que o  Concello de Pontevedra "sexa incapaz de traballar na solución" para abrir esta obra á cidadanía". 

O líder do PP local pregúntase ata cando van permanecer pechadas unhas obras xa terminadas e sinala que é unha "chapuza incomprensible do PSOE"  que "está a permitir o BNG".