O PP cre que o goberno municipal "cocina" as súas contas e pedirá coñecer os datos "reales"

Pontevedra
10 de xullo 2013

O Partido Popular solicitará ao goberno municipal que lles ensine as cifras económicas que enviou ao Ministerio de Hacienda para a liquidación do orzamento de 2012 "y no las cocinadas por Raimundo González". ÿ a resposta dos populares ao baile de cifras que dan ambas administracións. Fronte ao superávit de 200.000 euros que anunciou o Concello no seu día, o Goberno central asegura que o déficit foi de 400.000 euros

O Partido Popular solicitará ao goberno municipal que lles ensine as cifras económicas que enviou ao Ministerio de Hacienda para a liquidación do orzamento de 2012 "y no las cocinadas por Raimundo González". ÿ a resposta dos populares ao baile de cifras que dan ambas administracións. Fronte ao superávit de 200.000 euros que anunciou o Concello no seu día, o Goberno central asegura que o déficit foi de 400.000 euros.

Farao no próximo pleno municipal, onde pedirán explicacións ante o desfase de 600.000 euros entre unha cifra e outra. Segundo o portavoz popular, Jacobo Moreira, Hacienda sinala que en 2012 Pontevedra tivo uns ingresos de 67,7 millóns de euros e uns gastos de 68,1 millóns, converténdose "en la única urbe de Galicia que cerró 2012 con déficit", malia que desde o goberno municipal "presumen de salud financiera".

O resultado resulta aínda máis rechamante, di Moreira, "si tomamos referencia el incremento de la recaudación de un 8% anunciado en su día por el BNG", o que segundo o Partido Popular demostra que o goberno municipal "no sólo no consiguió reducir el gasto, sino que lo ha incrementado considerablemente, lo contrario a lo que están haciendo otras administraciones y todas las familias españolas".

"Aquí la austeridad sólo sirve para rechazar proyectos y peticiones vecinales, porque la realidad es que los gastos crecen, y mucho", insistiu o portavoz do PP, que apuntou que no orzamento municipal de 2012 estaba previsto que o apartado de gastos se quedase nunha cifra algo superior aos 63 millóns de euros, cinco millóns menos da que se deu realmente, o que lles leva a pesar que o anunciado plan de austeridade "nunca llegó a aplicarse".

O portavoz popular referiuse tamén ao Plan Económico Financeiro "que el Gobierno del Estado tuvo que aplicar en Pontevedra por su desequilibrio presupuestario y que agora tiene prorrogado, lo que implica que seguimos tutelados por la Xunta de Galicia". E recordou o que eles entenden como "incesante presión fiscal" sobre os cidadáns, ao incrementar o IBI un 13%, as taxas nun 3% e as "multas y más multas".