Os concelleiros do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez e Silvia Junco, mantiveron este mércores unha reunión de traballo con representantes da Asociación de Venezolanos de Pontevedra (ASOVEDRA), celebrada, na súa sede da Casa Azul.
O presidente e a secretaria de ASOVEDRA, Manuel Osorio e Mónica Brenna, compartiron os fins da asociación cos edís populares, que valoraron o encontro como "construtivo" tras tomar nota de todas as súas reivindicacións.
Silvia Junco destacou, tras a reunión en cálea Sor Lucía, que este ano "hay más de 650 personas con planes de retorno de Venezuela y que el 35 por ciento tienen como destino Pontevedra".
O PP comprometeuse coa comunidade venezolana a "favorecer un entorno abierto y favorable" para a súa integración cultural, asegurou a concelleira, despois de escoitar que os problemas de transporte e de vivenda son as maiores dificultades que atopan á hora de chegar a España.