Os afectados polas preferentes e subordinadas de NovaGalicia Banco paralizaron a celebración do pleno da Deputación de Pontevedra, polo que o Partido Popular dedicidió a súa celebración a porta pechada. Os grupos provinciais do PSOE e o BNG declinaron participar.
O Pleno estaba convocado para as once da mañá, pero desde media hora antes afectados de media ducia de plataformas da provincia enchían o salón de plenos.
Xa cos deputados ocupando os seus escanos o portavoz da plataforma de Baixo Miño, Xulio Vicente, interrompeu o inicio da sesión esixindo un compromiso "por escrito" do presidente da institución provincial, Rafael Louzán, para que solicite unha entrevista co Ministro de Economía, Luís de Guindos, na que participe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo co obxectivo de paralizar o proceso das quitas "se non hai ese compromiso aquí non se vai celebrar ningún pleno", advertiu.
Logo de dúas horas escoitando aos afectados, os tres portavoces do PP, PSOE e BNG, consensuaron un documento común que foi aprobado polo pleno. En concreto o acordo elaborado polos portavoces e aprobado por unanimidade di:
Que os grupos da corporación provincial no seu compromiso coa búsqueda de solucións para que os afectados poidan recuperar os aforros polas preferentes, subordinadas e outros productos híbridos financieiros poidan recuperar a totalidade dos seus aforros, acorda:
- Reclamar que se paralice a aplicación das quitas os afectados.
- Demandar que se suspenda o Real Decreto que estableceu a obrigatoriedade das quitas para os tenedores de participacións preferentes e subordinadas.
- Solicitar unha entrevista co ministro De Guindos e unha representación dos afectados.
- Que se promovan todas as medidas tendentes a que os afectados recuperen o cen por cen os seus aforros.
Con todo Xulio Vicente esixiu a incorporación dun último punto ao acordo no que se condene a actitude do Partido Popular en Madrid bloqueando a revogación da quita aos afectados".
"Iso é demagoxia política eu quero unha solución para os afectados", defendeuse o presidente da diputación, Rafael Louzán, que contou con dous aliados inerperados, o portavoz do BNG, César Mosquera "aquí hai uns números, coa maioría do PP, se quere un acordo, ésto é o máximo que se pode acadar aquí", explicou Mosquera aos afectados "o acordo aprobado recolle todas as demandas que nos fixeron", insistiu o portavoz socialista, Santos Héctor.
Lonxe de conformarse o portavoz da plataforma de Baixo Miño asegurou que non lle satisfacía o acordo polo que deu instrucións aos seus compañeiros para que boicoteasen o pleno empezando a soar bocinas, trompetas e cacerolas.
Durante unha hora mantívose un pulso entre os deputados do PP e PSOE e os afectados polas preferentes. Os nacionalistas abandonaron o Pleno.
Unha ducia de axentes da Policía Nacional dispúxose no despacho do presidente da Deputación por se fose necesaria a súa intervención, pero finalmente ás dúas e media da tarde, o presidente provincial ordenou celebrar o pleno a porta pechada, abandonando os afectados o pleno en compañía dos deputados socialistas que decidiron non participar neste modelo de sesión.