O PP celebra o anuncio da creación dunha residencia pública no Hospital Provincial

Pontevedra
27 de febreiro 2017

O presidente local do Partido Popular en Pontevedra e portavoz municipal, Jacobo Moreira, celebra o anuncio para a creación dunha residencia pública no actual edificio do Hospital Provincial

Protesta de traballadores sanitarios ante o Hospital Provincial
Protesta de traballadores sanitarios ante o Hospital Provincial / Mónica Patxot

O presidente local do Partido Popular en Pontevedra e portavoz municipal, Jacobo Moreira, celebra o anuncio para a creación dunha residencia pública no actual edificio do Hospital Provincial.

"Unha boa planificación e unha xestión eficiente permite ofrecer aos pontevedreses servizos acorde as súas demandas", destacou o edil popular quen considera esta medida "unha interesante alternativa para o edificio do Provincial, unha vez construído o Gran Montecelo".

"120 prazas, 75 novos empregos e un investimento de máis de 6 millóns de euros. Unha medida anunciada polo Presidente en setembro do ano pasado, cuxo avance vén a demostrar o compromiso de Feijóo con Pontevedra", destacou Moreira.

Neste sentido, Jacobo Moreira critica a xestión do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores sinalando que "dende que pechou o asilo privado de Pontevedra, Lores non moveu un dedo por ofrecer unha alternativa" e que "son outras administracións as que están a velar polos intereses dos nosos veciños".

Arquivado en