O voceiro do grupo provincial do Partido Popular na Deputación, Jorge Cubela, acusou este luns ao PSOE de "retorcer a realidade" para tratar de xustificar a súa solicitude dun pleno extraordinario.
Cubela destacou que "non xurde en ningún caso dunha postura obstruccionista nin antidemocrática do goberno provincial" e asegurou que os socialistas presentaron senllas mocións, sobre o vertido de pellets de plástico e sobre a mellora da estrada EP-2702 en Pazos de Borbén, "fóra de prazo e pola vía de urxencia". Algo que acahacou á "vagancia extrema e a mala xestión do PSOE que é algo que percibimos nestes seis meses de mandato".
Segundo o PP a súa exclusión do pleno ordinario da xaneiro, fixado para o martes 30, "é normal desde o punto de vista administrativo", pero Cubela indicou ao PSOE "que non se preocupen que se debatirán en tempo e forma e máis pronto que tarde".
"Deberon estar de vacacións ou adicándose a desprestixiar ao noso sector do mar, como levan facendo todo este mes, e pasóuselles por completo o día de presentar as súas propostas, ou ao mellor foi unha ocorrencia de última hora en clave preelectoral, pero non só non nos negamos a debatelas, senón que temos moitas gañas delo, porque a ineficacia e abandono dos socialistas ao sector do mar desde o Goberno de España foi e é lamentable", significou o voceiro provincial.
Finalmente, Cubela garantíu a presenza nese pleno extraordinario solicitado polos socialistas dos membros do goberno provincial, en referencia á ausencia "ridícula e antidemocrática" dos deputados do PSOE na sesión extraordinaria convocada para abordar a moción popular contra a amnistía.