O grupo municipal do Partido Popular acusa o goberno local de disimular as cifras ao presentar o balance do servizo de recadación municipal de 2013, para trasladar aos cidadáns "a falsa imaxe de que a principal función da Policía Local non é a de poñer multas aos condutores e incrementar desta forma as castigadas arcas municipais".
Segundo os populares, o goberno local anunciou que a capacidade de cobramento por sancións de tráfico baixara nun 16%, cunha cifra de 1.286.288 euros, pero esconderon as contías totais das multas impostas polos axentes da Policía Local, que superaron nun 32% as previsións presupostarias.
O voceiro popular, Jacobo Moreira, indica que "se o Concello espera impoñer multas por 1.300.000 euros ao longo do pasado ano, ao final conseguiu castigar os condutores cun total de 1.720.829 euros, dos que logrou recadar 1.068.659 euros mentres quedan pendentes de cobramento máis de 652.000 .
Para o Partido Popular, Lores volveu "converter as multas na súa principal arma para espremer os veciños. O temido 'multamóbil' multiplicará moi pronto a súa capacidade para recadar diñeiro por este concepto".