O PP acusa ao alcalde de Ponte Caldelas de tratar de enganar aos veciños coas axudas dos temporais

Ponte Caldelas
03 de marzo 2017

Segundo o portavoz popular, Ricardo Castro, "o certo é que obtivo 35.000 euros", un diñeiro que, segundo afirman, destinou a unha pista de minigolf en Chan da Barcia, deixando "sen arranxar" os danos provocados pola riada do ano pasado

Marián García (esquerda) e Ricardo Castro na sede provincial do PP
Marián García (esquerda) e Ricardo Castro na sede provincial do PP / Mónica Patxot

O grupo municipal do Partido Popular en Ponte Caldelas asegurou que ao alcalde Andrés Díaz "mente" cando afirma que o Concello de Ponte Caldelas non recibiu axudas da Xunta con motivo dos danos causados polos temporais.

Segundo o portavoz popular, Ricardo Castro, "o certo é que obtivo 35.000 euros", un diñeiro que, segundo afirman, destinou a unha pista de minigolf en Chan da Barcia, deixando "sen arranxar" os danos provocados pola riada do ano pasado.

Ademais o Concello de Ponte Caldelas non puido optar á firma dun convenio coa Xunta de Galicia, que podería aumentar as axudas ata 100.000 euros, "porque non dedicou a primeira axuda da orde da Consellería á reparación de danos dos temporais".

"Se este señor non coñece as ordes de subvencións da Xunta de Galicia é que o cargo de alcalde queda moi grande e se coñecéndoas di estas barbaridades é que é un mentireiro", declarou Castro.