O grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra acudirá ao Valedor do Pobo para que esixa unha xustificación por parte do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, "ante su insistencia en saltarse los informes de los técnicos del ayuntamiento a la hora de hacer prórrogas de contratos que al final son irregulares".
O voceiro popular, Jacobo Moreira, informou que nos próximos días tramitarán o escrito ante o Valedor do Pobo despois de esperar dende hai 15 meses por unha explicación "minimamente lógica" do alcalde ás prórrogas concedidas a Elsamex, empresa concesionaria de mantemento de xardíns.
Jacobo Moreira recordou que Elsamex é unha multinacional de capital hindú que conseguiu esta concesión en febreiro de 2006 e ata a actualidade se beneficiou de dúas prórrogas "a pesar de los contundentes informes contrarios emitidos por Secretaría e Intervención del Concello".
O PP local trasladou esta mesma sospeita sobre "otros casos similares", como o de Serviocio nas piscinas de Campolongo "con cuatro prórrogas irregulares concedidas por el Instituto Municipal de Deportes" ou das filiais de Ferrovial no Pazo da Cultura e no Recinto Feiral "dos ampliaciones con informes en contra".
O PP sostén que os habituais informes de Secretaría ou Intervención "evidencian que esas sombras se extienden por muchos procedimientos de este tipo en el Concello".