O Porto de Marín renovará máis dunha hectárea do seu pavimento

Pontevedra
11 de xuño 2023

Ata o próximo 23 de xuño as empresas interesadas poden presentar ofertas para executar as obras de renovación e reforzo de pavimentos en varios puntos do Porto de Marín

Obras de pavimentado no Porto de Marín
Obras de pavimentado no Porto de Marín / Grupo Nosa

Ata o próximo 23 de xuño as empresas interesadas poden presentar ofertas para executar as obras de renovación e reforzo de pavimentos en varios puntos do Porto de Marín.

O importe da actuación é de algo máis de 288.000 euros e afectará o Peirao Leirós, Galfrío, a contorna de Pesmar e Rosa de los Vientos, aos departamentos de exportadores, aos dous Peiraos de Reparacións e ao antigo Peirao de Ribeira, en total uns 11.000 metros cadrados de superficie.

A Autoridade Portuaria e Ría de Marín ten aberto o proceso de licitación para esta obra que ten un prazo de execución de tres meses.

A memoria do proxecto sinala que nestas zonas de servizo necesítase "unha renovación urxente" do pavimento, "ben pola súa deterioración ou ben porque actualmente os tráficos que soportan recomendan a súa mellora".