O pontevedrés Guillerme Vázquez deixa a portavocía nacional do BNG

Pontevedra
27 de outubro 2012

O que foi concelleiro do BNG no Concello de Pontevedra en 1995 e, posteriormente, entre 2003 e 2009, anunciou esta decisión ao inicio do Consello Nacional para abrir "un proceso de debate e actuación, sen limitacións, para ofrecer á sociedade galega un novo proxecto nacionalista e de esquerda"

Guillerme Vázquez deixará de ser portavoz nacional do BNG ao término do Consello Nacional da agrupación nacionalista que comezou este sábado en Santiago de Compostela e que rematará coa celebración dunha asemblea extraordinaria. 

O que foi concelleiro do BNG no Concello de Pontevedra en 1995 e, posteriormente, entre 2003 e 2009, anunciou esta decisión ao inicio do Consello Nacional para abrir "un proceso de debate e actuación, sen limitacións, para ofrecer á sociedade galega un novo proxecto nacionalista e de esquerda".

Natural de Pontevedra e na actualidade veciño da parroquia de Marcón, Guillerme Vazquez foi profesor no instituto de secundaria Frai Martín Sarmiento da cidade do Lérez, deputado do BNG no Parlamento de Galicia pola circunscrición de Pontevedra e deputado no Congreso por esta provincia entre 1996 e 2004.

Na súa última etapa como concelleiro en Pontevedra ocupou diversas responsabilidades no goberno municipal e tamén foi responsable local e comarcal do BNG en Pontevedra. Dende 2009 foi portavoz nacional e este sábado anunciou que ⿿seguirei no BNG para o que teñades a ben considerar, pero non será como portavoz nacional despois da conclusión deste debate que hoxe encetamos⿝.

Esta decisión é froito dos resultados das últimas eleccións autonómicas, nas que o BNG pasou de 12 a sete diputados no Parlamento galego e só se mantivo forte no bastión nacionalista do Concello de Pontevedra. El mesmo o expricou: "toca asumir responsabilidades, e eu como sempre asúmoas en conciencia".

Arquivado en